viernes, 23 de diciembre de 2016

Nadal 2016

Por fin chegou o día de descubrir como resolveron os Reis Magos ese problemiña de quedar sen gasolina...pois con axuda e traballo en equipo!! Ollade!



De novo, queremos agradecer ás familias a súa colaboración, conseguistes que a obra de teatro se vestira de cor!!
Se queredes ver maís imaxes do festival premede aquí

martes, 20 de diciembre de 2016

Cumples 1º trimestre

Cando festexamos os cumples a diversión está asegurada!!!
Ollade que ben o pasamos comendo algunha larpeirada e, por suposto, cantando...PARABÉNS!!

Traballos primeiro trimestre

Así de contentos estaban hoxe os nenos e as nenas da aula de 5 anos, non é para menos...levaron para a casa os seus traballos do primeiro trimestre

martes, 6 de diciembre de 2016

Maracas

Aproveitando os envases de iogur que comemos no comedor escolar construimos unha maraca na sesión de música, aquí están algúns dos nenos e das nenas de 4 anos tocando.