lunes, 28 de noviembre de 2016

Era unha castaña...

Aquí tedes aos nenos e ás nenas da aula de 3 anos bailando a canción da castaña...vaia ritmo! E agora é o turno das nenas e dos nenos das aulas de 4 e 5 anos tocando percusión...bravo!!

Instrumentos de percusión

Estes días, nas sesións de música, coñececimos un montón de instrumentos e xa diferenciamos os de corda, vento e perscusión. Sabiades que estes últimos poden estar feitos de diferentes materiais? Pois si, e nós xa diferenciamos os de madeira e os de metal, sabemos se sonan rápido ou lento, suave ou forte e longo ou curto...
Aquí tedes ás nenas e aos nenos da aula de 5 anos listos para comezar a tocar...


Xogar a pensar

Na aula de 3 e 4 anos temos unha sesión semanal para "Xogar a pensar", facémolo a través das historias da "Mariquita Juanita" e os seus amigos, quenes nos axudan a pensar e observar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar,...a través da música, da pintura, de diferentes contos e de xogos.

Polo momento, xa coñecimos a Juanita e as súas cores e xogamos, debuxamos e observámolos en distintas obras de arte: negro e vermello.
Que bonita é esta xoaniña, verdade? Nós tamén nos miramos ao espello e dixemos algo que nos gusta, pero... que difícil nos resultou...seguiremos practicando. E a tí, que che gusta cando te ves no espello?






miércoles, 16 de noviembre de 2016

Magosto 2016


O pasado venres festexamos no cole o tradicional magosto...mmmhh! que ricas castañas asadas!
Tamén celebramos o V campionato de peón, no que participou o alumnado da aula de 5 anos...fano case, case tan ben coma os maiores do cole, PARABÉNS! Un segredo: tamén lle axudaron moito a unha profe que está aprendendo a lanzar o trompo...graciñas polos vosos ánimos!

martes, 15 de noviembre de 2016

Outono


Entre todo o alumnado de infantil creamos esta paisaxe outonal, pero...a esta árbore aínda lle queda unha folla verde, podes vela?

Eu ben vin estar o moucho...

...na aula de tres anos!