miércoles, 20 de diciembre de 2017

Cumples 1º trimestre

Rematamos o trimestre celebrando os cumples. Que ben o pasamos xuntos!

sábado, 16 de diciembre de 2017

Saída Arqueixal

E por fin chegou o día! Fomos de visita a Arqueixal. Aquí, ao ladiño do cole, na parroquia de Albá. Incluso algúns dos nenos e das nenas guiaron ilusionados ao condutor do autobús e  unha vez no destino, desfrutamos facendo un queixo coas nosas propias mans e adentrándonos nunha casiña con moito encanto. A señora Laura, contounos como se vive sen luz eléctrica, sen auga, compartindo casa con 10 persoas e moitas cousas máis.
Vivenciar todo isto cos nosos amigos e amigas fíxonos comezar a descubrir un xeito de vida admirable, moi distinto ao noso e que nos ensina a importancia de valorar, coidar e respectar o noso entorno e as nosas tradicións.
Graciñas por facernos facer pasar unha estupenda xornada!

martes, 12 de diciembre de 2017

martes, 5 de diciembre de 2017

Os nenos e nenas de 5 anos experimentamos co salpicado de acuarelas!!




            Quedáronos unhas árbores moi coloridas!!

jueves, 9 de noviembre de 2017

Animais con follas

Antes de que o vento levase estas follas do outono, as nenas e os nenos da aula de 5 anos crearon estes animais tan simpáticos. Xenial!


lunes, 6 de noviembre de 2017

Magosto

Que ricas castañas!!





martes, 31 de octubre de 2017

Uuuh!

Co Samaín chegan os sustos...ata as portas das aulas! Mirade, mirade



Deixovos unha curta de vimos todo o ciclo xunto, quen dixo medo? Xa non lle tememos ao gato pelado

domingo, 29 de octubre de 2017

Concerto

O pasado venres tivemos concerto de Noelia!
Ademais de ensinarnos comos soan a súa gaita, frauta e pandeireta, fíxonos bailar e pasalo xenial!
Graciñas!!

miércoles, 28 de junio de 2017

Fin de curso

Un montón de actividades agardábannos o último día de cole.
Preme na imaxe para descubrilas.


Boas vacacións!

jueves, 22 de junio de 2017

Vilar de Donas

No día de hoxe xogamos un montón. Pero non, non foi no cole, senón en Vilar de Donas...á sombra de carballos e castiñeiros. Preme aquí para ver o ben que o pasamos.

Cumples 3º trimestre

Quen soprará a candea nos cumples do último trimestre? Aquí os tedes...parabéns!

miércoles, 7 de junio de 2017

Saída Granxa Garabullos

Trasnos, meigas, bosques máxicos, xogos, natureza, o burro Pepucho...son algúns dos ingredientes que fixeron pasar unha xornada estupenda ao alumnado.
Onde? Na Granxa Garabullos de Cospeito. Seguide lendo para ver máis imaxes do día.

jueves, 18 de mayo de 2017

Galiñas de cores

O cole encheuse de galiñas. Pero non! estas non son azuis coma as de Carlos Casares...estas son amarelas, con raias, coloradas,...todas distintas e todas estupendas.
Graciñas ás familias por colaborar creando coas nenas e cos nenos estes animaliños tan orixinais! Parabéns!

lunes, 15 de mayo de 2017

A mellor sopa do mundo

Un dos nosos contos preferidos este curso é "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO.
Tanto nos gusta que quixemos que as súas personaxes cobrasen vida. Así que, durante un tempo, as nenas e os nenos de infantil, estivemos creando animais, decorados, facendo fotografías, gravando voces,...e aquí a tedes, a nosa primeira curtametraxe!!
Un fantástico traballo en equipo!

sábado, 13 de mayo de 2017

Para saber máis...

Para seguir aprendendo sobre arte, veunos visitar unha profe de Educación Secundaria que sabe mooooito sobre este tema. Ela é Adela Figueroa, ensinounos varios cadros e os seus segredos.
Graciñas polo teu tempo e dedicación!!

miércoles, 10 de mayo de 2017

A cor da música

Que pasa cando xuntamos nunha aula nenas e nenos de 3 anos e de 1º de primaria,  cun anaco de papel inmenso, pinturas, un clarinete e unha profe con gafas para tocar ben?
Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!

martes, 9 de mayo de 2017

Os gatos de Andy

A Andy Warhol encantáballe pintar gatos. Sabiades que tiña 25?
Si, si e chamábanse todos SAM

Pelos verdes?

Os nosos traballiños do proxecto da arte xa están polos corredores de infantil.
Velaquí, tedes outra curiosidade do artista Andy Warhol: sempre levaba cabelos postizos...así de guapo o puxemos nós.



jueves, 27 de abril de 2017

Experimento cor

Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre as cores.
Sabiades que se mesturades o azul e o amarelo aparece o verde? Aquí tedes aos nenos e ás nenas de 3 anos descubríndoo, fixeron maxia!
 Primeiro porbárono coas súas propias mans e despois con vasiños de auga vendo como camiñaban as cores.

Cumples 2º trimestre

Unha merenda cargadiña de larpeiradas para celebrar os cumples do 2º trimestre!

lunes, 24 de abril de 2017

Día do libro

Canto nos gusta que nos conten contos e escoitar historias!

Buscando as cores


O pasado venres viaxamos baixo un paraugas a lugares fantásticos para recuperar as cores...o azul do mar, o vermello dun volcán, o verde da selva!
Despois de ter que realizar moitas probas, conseguímolo!!

Garabato e tinta

"Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato ao que lle encanta pintar. Pero a ningún lle gusta o traballo do outro...ou eso din. Non aceptan as críticas e pelexan porque ambos queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente, danse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte."

E isto, foi que quixemos comprobar nas aulas de 3 e 5 anos. Traballamos en parella para crear xuntos. Somos verdadeiros artistas!!
Segue lendo para ver como o fixemos

viernes, 21 de abril de 2017

Un plátano con moito ritmo

Que cousas tan curiosas nos están a pasar estes días!
Na sesión de música desta semana atopamos nas aulas unha imaxe dun plátano cun montón de letras, a profe dixo que eran cancións, pero...quen fixo ese plátano?
Despois de investigar en internet, descubrimos que coñeciamos ao seu creador: Andy Warhol
Aproveitamos que tiñamos un montón de cancións para escoitar os intrumentos que soaban nelas, elexir a cariña que nos fai sentir ao escoitalas e, incluso poñerlle cor.
Aquí tedes ás nenas e aos nenos de 3 anos pensando, escoitando, imaxinando,...

Teatro no cole

Vaia sorpresa nos prepararon os nenos e as nenas de 6º, interpretaron para nós unha obriña de Teatro Musical titulada "La guerra en el lago"
Encantounos!
Mirade, mirade no video o ben que o fixeron

Visita cidade de Lugo

O pasado 5 de abril fomos de visita á cidade de Lugo, pasámolo xenial!
A primeira parada foi no parque de bombeiros. Despois de xantar camiñamos un pouquiño polo centro da cidade para finalizar na sala de exposicións de Afundación, onde ademais de dar unha voltiña no seu bus turístico para ver as obras de distintos artistas sobre a cidade, realizamos un obradoiro.

Onde está a flor?

Na aula de 4 anos atopamos unha flor pero...o debuxo estaba incompleto! Así que puxémos a pensar, fixemos as nosas  propias interpretacións e puxémolas en común. Posteriormente, por equipos, tivemos que poñernos de acordo para completar o debuxo...segue lendo e descubrirás as nosas obras de arte e a orixinal.

viernes, 31 de marzo de 2017

Movemento de cores

Na sesión de psicomotricidade transformámonos nos coñecidos cadros de siluetas de Keith Haring. Primeiro, de xeito individual e despois por equipos, identificamos cores, traballamos distintas posturas corporais, practicamos co noso equilibrio, e sobre todo, pasámolo xenial!!

Somos Andy Warhol, 5 anos

Xa chegou a primavera! E con ela, as flores elaboradas polas nenas e os nenos da aula de 5 anos, ao estilo Arte Pop de Andy Warhol, chulísimas!! Mirade, mirade!

Somos Andy Warhol, 4 anos

Na aula de 4 anos crearon a súa propia versión da obra "Marilyn" de Andy Warhol.
Fixádevos ben nas súas caras, recoñecédolos?


Somos Andy Warhol, 3 anos

Alguén deixou un montón de papeliños de cores e unha mazá na aula de 3 anos para pintar como Andy Warhol.
Despois de saber quen é Andy e coñecer algún dos seus cadros so nos quedaba unha dúbida: unha mazá para pintar? Non pode ser! Que podiamos facer con ela?
...pensando, pensando chegaron á conclusión, eles mesmos, se a abriamos polo medio a poñíamos na témpera, tal vez a podiamos usar coma se fose un pincel. 
O resultado podedes velo vós mesmos...

Xogamos coas cores

Queredes xogar un pouco coas cores? Premendo aquí podedes xogar un ratiño.

Ollade o ben que o pasaron os nenos e as nenas de 3 anos probando este xogo no EDI.

Un novo reto

Recibimos unha nova carta da bruxa Marcelina. Nela contábanos que o seu amigo Lorenzo tiña unha galiña azul. Unha galiña azul!! Que cousa tan rara!
Marcelina quixo saber mais sobre o tema e decidiu buscar outros animais, cousas ou persoas dunha cor distinta á que teñen normalmente.
Nós quixemos axudarlle e investigamos sobre o tema buscando en información en contos.
Aquí tedes ao alumnado da aula de 4 anos traballando por parellas e contándolle aos seu compañeiros e compañeiras o que atoparon.
Chegaron á conclusión que os animais de cores pódense ver nos contos, nas películas e nos cadros.

martes, 21 de marzo de 2017

Falamos co cole de Arzúa

Na aula de 4 anos estaban moi intrigados: como será iso de poder falar e ver a alguén que está lonxe de nós? Pois ben, gracias á maxia de internet poidemos falar cos nenos e coas nenas de 5 anos e de 5º de primaria do Ceip de Arzúa.
Vaia ilusión nos fixo vernos e poder contarnos tantas cousas!!
Ensináronnos as súas mascotas, contáronnos a onde foron de excursión e ata nos invitaron a visitar o seu cole. Quen sabe...quizais este é o comezo dunha grande amizade!


sábado, 18 de marzo de 2017

Visita correos

As nenas e os nenos da aula de cinco anos visitaron a oficina de correos de Palas de Rei para enviar as cartas que escribiron na clase. 
Graciñas as traballadoras da oficina por atendernos tan ben e explicarnos a viaxe que fan as cartas antes de chegar ao seu destino!!

miércoles, 8 de marzo de 2017

Día da muller traballadora

Cando chegamos á aula de informática descubrimos este cartel...
Unha superwoman! E sabedes unha cousa? as nenas e os nenos de infantil coñecen moitas supermulleres: as mamás, as avoas, as profes,...fan o mesmiño que a nena da imaxe e incluso máis.
O que non queremos é  que lles pase o mesmo que á familia Porcón, mirade o video para saber máis.
Deixovos tamén un debuxo que fixeron os nenos e as nenas da aula de 4 anos no EDI despois de escoitar o conto

lunes, 6 de marzo de 2017

Día de Rosalía

Como cada 24 de febreiro, conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro. Ademais de recitar e bailar cos seus poemas, mirade que guapa a deixaron os nenos e as nenas da aula de 3 anos...un montón de rosas para esta poetisa.

miércoles, 1 de marzo de 2017

Entroido 2017

Chegou o día de resolver o misterio, despois de tanto pintar, facer esculturas, imaxinar e crear...aquí tedes aos superpintores e superpintoras de infantil co seu traxe especial prepadado para voar en 3,2,1...
Preme aquí para ver a todo o cole en acción



Graciñas as familias pola vosa colaboración, coma sempre...xenial!