jueves, 27 de abril de 2017

Experimento cor

Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre as cores.
Sabiades que se mesturades o azul e o amarelo aparece o verde? Aquí tedes aos nenos e ás nenas de 3 anos descubríndoo, fixeron maxia!
 Primeiro porbárono coas súas propias mans e despois con vasiños de auga vendo como camiñaban as cores.

Cumples 2º trimestre

Unha merenda cargadiña de larpeiradas para celebrar os cumples do 2º trimestre!

lunes, 24 de abril de 2017

Día do libro

Canto nos gusta que nos conten contos e escoitar historias!

Buscando as cores


O pasado venres viaxamos baixo un paraugas a lugares fantásticos para recuperar as cores...o azul do mar, o vermello dun volcán, o verde da selva!
Despois de ter que realizar moitas probas, conseguímolo!!

Garabato e tinta

"Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato ao que lle encanta pintar. Pero a ningún lle gusta o traballo do outro...ou eso din. Non aceptan as críticas e pelexan porque ambos queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente, danse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte."

E isto, foi que quixemos comprobar nas aulas de 3 e 5 anos. Traballamos en parella para crear xuntos. Somos verdadeiros artistas!!
Segue lendo para ver como o fixemos

viernes, 21 de abril de 2017

Un plátano con moito ritmo

Que cousas tan curiosas nos están a pasar estes días!
Na sesión de música desta semana atopamos nas aulas unha imaxe dun plátano cun montón de letras, a profe dixo que eran cancións, pero...quen fixo ese plátano?
Despois de investigar en internet, descubrimos que coñeciamos ao seu creador: Andy Warhol
Aproveitamos que tiñamos un montón de cancións para escoitar os intrumentos que soaban nelas, elexir a cariña que nos fai sentir ao escoitalas e, incluso poñerlle cor.
Aquí tedes ás nenas e aos nenos de 3 anos pensando, escoitando, imaxinando,...

Teatro no cole

Vaia sorpresa nos prepararon os nenos e as nenas de 6º, interpretaron para nós unha obriña de Teatro Musical titulada "La guerra en el lago"
Encantounos!
Mirade, mirade no video o ben que o fixeron

Visita cidade de Lugo

O pasado 5 de abril fomos de visita á cidade de Lugo, pasámolo xenial!
A primeira parada foi no parque de bombeiros. Despois de xantar camiñamos un pouquiño polo centro da cidade para finalizar na sala de exposicións de Afundación, onde ademais de dar unha voltiña no seu bus turístico para ver as obras de distintos artistas sobre a cidade, realizamos un obradoiro.

Onde está a flor?

Na aula de 4 anos atopamos unha flor pero...o debuxo estaba incompleto! Así que puxémos a pensar, fixemos as nosas  propias interpretacións e puxémolas en común. Posteriormente, por equipos, tivemos que poñernos de acordo para completar o debuxo...segue lendo e descubrirás as nosas obras de arte e a orixinal.