O cole encheuse de galiñas. Pero non! estas non son azuis coma as de Carlos Casares...estas son amarelas, con raias, coloradas,...todas distintas e todas estupendas.
Graciñas ás familias por colaborar creando coas nenas e cos nenos estes animaliños tan orixinais! Parabéns!
jueves, 18 de mayo de 2017
lunes, 15 de mayo de 2017
A mellor sopa do mundo
Un dos nosos contos preferidos este curso é "A mellor sopa do mundo" da Editorial OQO.
Tanto nos gusta que quixemos que as súas personaxes cobrasen vida. Así que, durante un tempo, as nenas e os nenos de infantil, estivemos creando animais, decorados, facendo fotografías, gravando voces,...e aquí a tedes, a nosa primeira curtametraxe!!
Un fantástico traballo en equipo!
sábado, 13 de mayo de 2017
Para saber máis...
Para seguir aprendendo sobre arte, veunos visitar unha profe de Educación Secundaria que sabe mooooito sobre este tema. Ela é Adela Figueroa, ensinounos varios cadros e os seus segredos.
Graciñas polo teu tempo e dedicación!!
miércoles, 10 de mayo de 2017
A cor da música
Que pasa cando xuntamos nunha aula nenas e nenos de 3 anos e de 1º de primaria, cun anaco de papel inmenso, pinturas, un clarinete e unha profe con gafas para tocar ben?
Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!
Pois que algo máxico acontece...a música comeza a ter cor, mirade, mirade!
martes, 9 de mayo de 2017
Pelos verdes?
Os nosos traballiños do proxecto da arte xa están polos corredores de infantil.
Velaquí, tedes outra curiosidade do artista Andy Warhol: sempre levaba cabelos postizos...así de guapo o puxemos nós.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)