domingo, 30 de octubre de 2016

Samaín

Non ides crer o que aconteceu esta semana...escribiunos unha carta a bruxa Marcelina, pero tranquilos é unha bruxa boa.
Seica veu de visita ao cole e perdeu o seu sombreiro, por suposto, nós axudámoslle a atopalo. Na súa carta contounos que ía festexar o Samaín, que gran idea, non si? Os nenos e as nenas de Infantil tamén quixemos divertirnos un ratiño así que decoramos o corredor, disfrazámonos para dar algún que outro susto, contamos contos, fixemos trucos de maxia, cantamos e a bailaaar! Mirade, mirade...

Por certo, graciñas a todas as familias pola vosa colaboración e noraboa polo traballo coas cabazas,...xeniais!!

Circuito

Así de ben o pasamos nas sesións de psicomotricidade, nesta ocasión tivemos que seguir un circuito: saltando, mantendo equilibrio, gateando, rodando, arrastrandonos,...

Arcimboldo

Sabiades que se poden facer caras con froitas? Si, si, isto é o que fixo o pintor Arcimboldo, e claro...nós tamén quixemos probar e elaboramos estes retratos outonais. Os nenos e as nenas das aulas de catro e cinco anos sacaron eles mesmos as fotografías!!!
Animádevos a seguir creando na casa