Non ides crer o que aconteceu esta semana...escribiunos unha carta a bruxa Marcelina, pero tranquilos é unha bruxa boa.
Seica veu de visita ao cole e perdeu o seu sombreiro, por suposto, nós axudámoslle a atopalo. Na súa carta contounos que ía festexar o Samaín, que gran idea, non si? Os nenos e as nenas de Infantil tamén quixemos divertirnos un ratiño así que decoramos o corredor, disfrazámonos para dar algún que outro susto, contamos contos, fixemos trucos de maxia, cantamos e a bailaaar! Mirade, mirade...
Por certo, graciñas a todas as familias pola vosa colaboración e noraboa polo traballo coas cabazas,...xeniais!!
Celebro este xeito de meter as nais/pais nas aulas dos nosos nenos e nenas de infantil. Noraboa, moitas grazas
ResponderEliminar