lunes, 28 de noviembre de 2016

Xogar a pensar

Na aula de 3 e 4 anos temos unha sesión semanal para "Xogar a pensar", facémolo a través das historias da "Mariquita Juanita" e os seus amigos, quenes nos axudan a pensar e observar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar,...a través da música, da pintura, de diferentes contos e de xogos.

Polo momento, xa coñecimos a Juanita e as súas cores e xogamos, debuxamos e observámolos en distintas obras de arte: negro e vermello.
Que bonita é esta xoaniña, verdade? Nós tamén nos miramos ao espello e dixemos algo que nos gusta, pero... que difícil nos resultou...seguiremos practicando. E a tí, que che gusta cando te ves no espello?






No hay comentarios:

Publicar un comentario