Na aula de 4 anos estaban moi intrigados: como será iso de poder falar e ver a alguén que está lonxe de nós? Pois ben, gracias á maxia de internet poidemos falar cos nenos e coas nenas de 5 anos e de 5º de primaria do
Ceip de Arzúa.
Vaia ilusión nos fixo vernos e poder contarnos tantas cousas!!
Ensináronnos as súas mascotas, contáronnos a onde foron de excursión e ata nos invitaron a visitar o seu cole. Quen sabe...quizais este é o comezo dunha grande amizade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario