Por fin chegou o día de descubrir como resolveron os Reis Magos ese problemiña de quedar sen gasolina...pois con axuda e traballo en equipo!! Ollade!
De novo, queremos agradecer ás familias a súa colaboración, conseguistes que a obra de teatro se vestira de cor!!
Se queredes ver maís imaxes do festival premede aquí
viernes, 23 de diciembre de 2016
martes, 20 de diciembre de 2016
Cumples 1º trimestre
Cando festexamos os cumples a diversión está asegurada!!!
Ollade que ben o pasamos comendo algunha larpeirada e, por suposto, cantando...PARABÉNS!!
Ollade que ben o pasamos comendo algunha larpeirada e, por suposto, cantando...PARABÉNS!!
Traballos primeiro trimestre
Así de contentos estaban hoxe os nenos e as nenas da aula de 5 anos, non é para menos...levaron para a casa os seus traballos do primeiro trimestre
martes, 6 de diciembre de 2016
Maracas
Aproveitando os envases de iogur que comemos no comedor escolar construimos unha maraca na sesión de música, aquí están algúns dos nenos e das nenas de 4 anos tocando.
lunes, 28 de noviembre de 2016
Era unha castaña...
Aquí tedes aos nenos e ás nenas da aula de 3 anos bailando a canción da castaña...vaia ritmo!
E agora é o turno das nenas e dos nenos das aulas de 4 e 5 anos tocando percusión...bravo!!
Instrumentos de percusión
Estes días, nas sesións de música, coñececimos un montón de instrumentos e xa diferenciamos os de corda, vento e perscusión. Sabiades que estes últimos poden estar feitos de diferentes materiais? Pois si, e nós xa diferenciamos os de madeira e os de metal, sabemos se sonan rápido ou lento, suave ou forte e longo ou curto...
Aquí tedes ás nenas e aos nenos da aula de 5 anos listos para comezar a tocar...
Xogar a pensar
Na aula de 3 e 4 anos temos unha sesión semanal para "Xogar a pensar", facémolo a través das historias da "Mariquita Juanita" e os seus amigos, quenes nos axudan a pensar e observar, percibir, imaxinar, dialogar, desenvolver valores, razonar,...a través da música, da pintura, de diferentes contos e de xogos.
Polo momento, xa coñecimos a Juanita e as súas cores e xogamos, debuxamos e observámolos en distintas obras de arte: negro e vermello.
Que bonita é esta xoaniña, verdade? Nós tamén nos miramos ao espello e dixemos algo que nos gusta, pero... que difícil nos resultou...seguiremos practicando. E a tí, que che gusta cando te ves no espello?

miércoles, 16 de noviembre de 2016
Magosto 2016
O pasado venres festexamos no cole o tradicional magosto...mmmhh! que ricas castañas asadas!
Tamén celebramos o V campionato de peón, no que participou o alumnado da aula de 5 anos...fano case, case tan ben coma os maiores do cole, PARABÉNS! Un segredo: tamén lle axudaron moito a unha profe que está aprendendo a lanzar o trompo...graciñas polos vosos ánimos!
martes, 15 de noviembre de 2016
Outono
Entre todo o alumnado de infantil creamos esta paisaxe outonal, pero...a esta árbore aínda lle queda unha folla verde, podes vela?
domingo, 30 de octubre de 2016
Samaín
Non ides crer o que aconteceu esta semana...escribiunos unha carta a bruxa Marcelina, pero tranquilos é unha bruxa boa.
Seica veu de visita ao cole e perdeu o seu sombreiro, por suposto, nós axudámoslle a atopalo. Na súa carta contounos que ía festexar o Samaín, que gran idea, non si? Os nenos e as nenas de Infantil tamén quixemos divertirnos un ratiño así que decoramos o corredor, disfrazámonos para dar algún que outro susto, contamos contos, fixemos trucos de maxia, cantamos e a bailaaar! Mirade, mirade...
Por certo, graciñas a todas as familias pola vosa colaboración e noraboa polo traballo coas cabazas,...xeniais!!

Circuito
Así de ben o pasamos nas sesións de psicomotricidade, nesta ocasión tivemos que seguir un circuito: saltando, mantendo equilibrio, gateando, rodando, arrastrandonos,...
Arcimboldo
Sabiades que se poden facer caras con froitas? Si, si, isto é o que fixo o pintor Arcimboldo, e claro...nós tamén quixemos probar e elaboramos estes retratos outonais. Os nenos e as nenas das aulas de catro e cinco anos sacaron eles mesmos as fotografías!!!
Animádevos a seguir creando na casa
Animádevos a seguir creando na casa
martes, 27 de septiembre de 2016
Comezamos!!
Unha das cousas que máis nos gusta é debuxar e imaxinar, así que como xa chegou o outono transformamos unhas follas en distintas personaxes empregando o encerado dixital interactivo. Mirade que chulas nos quedaron
O neno de outono (3 anos) |
Un divertido león (4 anos) |
Unha fermosa bolboreta (5 anos) |
O cempés (5 anos) |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)